Loading...

Guia de axuda a pais e nais

25 aniversario.png


TEMPADA 2023/2024

Guía de axuda para pais, nais e familiares


El éxito no es un accidente, el éxito es una elección. (Stephen Curry)


Todo lo que los niños necesitan es un poco de ayuda, un poco de esperanza y alguien que crea en ellos. (Magic Johnson)


No siempre los más altos llegan más arriba, no siempre los más rápidos llegan antes, no siempre los más fuertes son los que ganan la batalla. Pero los que más entrenan, más se esfuerzan y más creen en el equipo son los que más veces conseguirán la victoria. (Pau Gasol)


Benvidos ao CB O Meco. Esta sección intenta ser unha guía para axudarvos a entender cómo funcionamos no club. Intentaremos explicarvos cómo funciona o mundo do minibasket e a organización que temos dentro do clube. Queremos que sexa un lugar onde aclarar as vosas dúbidas. En caso de que vos quede algunha sempre poderedes poñervos en contacto co director deportivo ou directiva do clube para preguntar o que queirades.

Comenzamos presentando aos cargos do club:

  • Director deportivo: Manuel Bello Abalo, adestrador do club con amplia experiencia e coñecementos dentro do mundo do baloncesto. Podemos dicir sen medo a equivocarnos que é un freak do baloncesto así que calquera dúbida no aspecto deportivo poderedes comentarllo a el.
  • Presidenta: Alejandra Rodríguez. Todo o que busca é o beneficio do club e dos seus compoñentes así que si tendes ideas, suxerencias ou queredes colaborar non vos cortedes en falar con ela. Tamén se tendes algunha queixa coa xestión do club podedes falalo que intentaremos solucionar o que poidamos.
  • Directiva:
  • María Dominguez (cantina do club e a roupa) si tendes que mercar algunha prenda ou queredes probar tallas poñedevos en contacto con ela. Está en todos os grupos de whatsapp dos equipos polo que solo tendes que preguntar por ela e poñervos en contacto.
  • Javier Trelles (Secretario)
  • Alejandro Allo (Vicepresidente)
  • Miguel Serantes (Tesorero) si tendes dúbidas de si as cuotas están pagadas ou calquera tema económico podedes poñervos en contacto con el.
  • Fabiola e Fátima (vogais)

Precisamos de xente participativa para que o club siga medrando, se che gusta levar as redes sociais, diseñar carteles, licencias, facer horarios, contabilidade, fotografías... temos espacio para tí. Anímate e ponte en contacto con nos para colaborar como parte da directiva na toma de decisións ou nas necesidades diarias do clube.


FILOSOFIA: O ÚNICO E FUNDAMENTAL OBXECTIVO É O AMOR POLO BALONCESTO. Queremos que os rapaces e rapazas aprendan, se formen como personas e xogadores. A nosa obriga e ensinarlles a xogar, saber gañar e saber perder, esforzarse para conseguir os obxectivos, RESPETO aos compañeiros, rivais, árbitros e adestradores e para iso necesitamos da colaboración de pais, nais e familiares.


Categorías tempada 2023-2024

  • Babies 5, 6 e 7 anos 2018, 2017 e 2016.
  • Premini / Benxamín 6, 7, 8 e 9 anos 2017 (Babi), 2016 (Babi), 2015 e 2014
  • Mini / Alevín 10 e 11 anos 2013 e 2012
  • Infantil 12 e 13 anos 2011 e 2010
  • Cadete 14 e 15 anos 2009 e 2008
  • Junior / Xuveniles 16 e 17 anos 2007 e 2006
  • Senior 18 ou máis 2005 e anteriores

PARTIDOS

Normas comuns para todos os equipos

  • COMPROMISO: Cando un xogador empeza a xogar en un equipo, hai que entender que o club ten un compromiso adquirido tanto coa Federación como cos demais equipos. O xogador/a ten un compromiso cos seus compañeiros cos que traballa en equipo. Non podemos deixar de asistir aos partidos porque os nenos estean castigados, o baloncesto non é unha forma de castigar, é algo que lles aporta na súa formación e evolución coma personas. Non podemos usar algo educativo como forma de castigar. Tamén sabemos que hai compromisos que son prioritarios, e están antes que o baloncesto, pero queremos que os pais pensen na importancia de pertencer a un club e inculquen eses valores aos seus fillos. Cando vaiades a ter un cumpleanos, un evento familiar ou teñades un compromiso con outro equipo poñedeo en coñecemento do clube a maior brevidade posible para intentar poñer os partidos a unha hora na que poidamos estar todos, non sempre vai a ser posible porque os horarios dependen de moitos factores pero polo menos o intentaremos.
  • HORARIOS: Cando se poñen os horarios indícase a hora de inicio do partido, polo tanto en categorías de minibasket deberase estar mínimo media hora antes do inicio do partido e recomendable 45 minutos antes. Os adestradores avisarán polos grupos da hora a que queren que esteades no partido. Os horarios pondense consultar nas RRSS do club e nesta páxina web. Importante estar nos grupos de whatsapp de información e do equipo ao que pertenezcan os xogadores. Tamén crearse unha conta na nosa páxina para que vos cheguen notificacións dos partidos dos vosos fillos/as. Cada pai e nai deberá ter a súa conta vinculada ao xogador. A aplicación CLUPIK é unha ferramenta do clube onde introducindo o voso usuario e contraseña poderedes acceder aos horarios dos partidos, as cuotas pagas e pendentes, e tendo a aplicación instalada vos chegarán notificacións ao teléfono importantes.
  • EQUIPACIÓN: Está formada por un pantalón, unha camiseta de xogo e unha camiseta de quecemento para os partidos.
  • A camisteta de xogo se prestará nas categorías da babi e preminibasket. Da categoría mini basket para arriba deberá ser mercada. Podes obter toda a info falando con María Domínguez.
  • A equipación que se presta na categoría premini e babi deberá ser devolta ao final da tempada. Os que queiran poden mercala para ter a súa propia xa que TODO O CLUBE LEVARÁ A EQUIPACIÓN AZUL.
  • A camiseta de quecemento ten a publicidade do patrocinador do equipo É OBLIGATORIO LEVALA AOS PARTIDOS, POÑER A CAMISETA NOS QUECEMENTOS E POÑELA NO BANQUILLO. Forma parte da equipación de xogo. Non todos os equipos teñen camiseta de quecemento do patrocinador pero aqueles que a teñan será obligatorio o seu uso.
  • Hai ademais posibilidade de coller chándal, mochila, roupa de adestramento e demais material deportivo a moi bo prezo. Esa roupa será a que se leve aos partidos ou convivencias representando ao club, independentemente de que o use para outros momentos que se queira. 
  • OS PAIS NA GRADA: Non temos que dicirlle aos pais como teñen que comportarse na grada, faltaría mais, pero si que podemos dar algunhas recomendacións:
  • Como responsables dos xogadores, preferimos que os pais animen e non xoguen a ser 'adestradores' pois coa súa intención de axudar chegan a confundir aos rapaces e rapazas.
  • Tamén pedimos que non critiquen aos árbitros. Hai que ter en conta que tamén están aprendendo e entre todos tamén temos que axudarlles. Asegurámosvos que non hai cousa peor para un adestrador ou xogador que escoitar aos pais insultar ou menospreciar ao equipo contrario ou árbitros e polo contrario enorgullecémonos cando se aplaude aos contrarios ou árbitros ao remate do partido.
  • Os pais NON DEBEN baixar ao campo para ver si o neno se fixo dano, ou porque chora, etc. O adestrador é o responsable do neno (igual que na escola fai un profesor) e polo tanto debe encargarse da atención do neno, chamando aos pais só si fose necesario.
  • A única obligación que tendes é desfrutar vendo aos vosos fillos na pista e o RESPETO aos demais, fundamental para que todo funcione.
  • RESULTADOS: Poderanse consultar por esta web xa que está vinculada a páxina da federación galega de baloncesto ou na propia páxina da federación. Non é o máis importante nas categorías de formación, debe primar o equipo ante o resultado final.

ACTIVIDADES EXTRAORDINARIAS


Ademais das competicións organizadas pola Federación Galega, o club participa en diferentes actividades cada tempada.

Torneos e competicións aos que nos invitan os diferentes clubes, consultaremos aos equipos correspondentes se queren asistir aos mesmos pero avisamos que son moi importantes para o clube os seguintes:

  1. En Semana Santa de Xoves a sábado celebrábase un acontecemento inesquecible para os nenos en Vilagarcía, a 'Basketcup', onde se reunen equipos de toda España e Portugal e aparte de xogar e participar das distintas actividades que hai alí, coñecían e convivían coas estrelas do futuro, xa que adoita haber Torneos Internacionais. Normalmente acudimos cos equipos babi, premini e mini o XOVES da semana santa ao torneo e algúns anos convidannos con outros equipos.
  2. En Xuño celebramos a Xuntanza premini e torneo mini onde participan a maioría de nenos da Delegación Arousá e algúns clubes de Galicia. Uns 450 xogadores que durante todo o día xogan, conviven e se divirten. Este ano será a súa XVII edición e necesitamos da participación de todos os nosos xogadores e colaboración de todos os pais e nais.
  3. Presentación de equipos, día importante onde sacaremos as fotos oficiales da tempada dos equipos do clube. A data da presentación de equipos será aproximadamente en Maio na ÚLTIMA XORNADA que xogue o equipo senior na casa. Antes do partido sacaremos as fotos dos equipos do clube. A presentación deben asistir todos os xogadores coa equipación de xogo posta.
  4. CENA 25 ANIVERSARIO, como podedes ver o clube celebra o seu 25 aniversario no 2024, con este motivo organizaremos unha cena para todos aqueles xogadores e afeccionados que queiran asistir para celebrarlo como se merece. En canto teñamos datas de celebración, lugar e precios pasaremos toda a info.

AREA DE INFLUENCIA


A Delegación Arousá de Baloncesto (que é na que normalmente xogamos) abarca a zona de influencia da comarca da Arousa, e polo tanto, os desprazamentos soen ser a Portonovo, Cambados, A Illa da Arousa, Vilagarcía, Poio, Pontevedra, Marín e o que pode ser o mais lonxe Pontecesures. Nesta tempada o equipo cadete masculino terá un equipo en galega e outro en zonal. En Galega xogase por toda Galicia. O senior continuará unha nova tempada xogando en Galega.


¿CANTO E CANDO TEÑO QUE PAGAR?


Normalmente o club deixa un tempo prudencial para asegurarnos que aos rapaces lles gusta o baloncesto e decide quedarse toda a tempada. É entón o momento de facerse socios. É moi importante ser socio e axudar ao club no que se poida xa que non estamos ao marxe da crise con toda a axuda podemos facer que este maravilloso proxecto sexa posible. Se ademais, coñeces ou tes un familiar que ten un negocio e quere axudar e promocionarse ao mesmo tempo anímao a formar parte deste soño. As cotas envíanse a principio de tempada polo grupo de whatsapp de información e volveránse a enviar a principios de decembro. Se non sabedes o importe podedes pedirlle a María ou a Miguel que vos envié a tarifa desta tempada. Todos os pagos deberían estar feitos antes de Xaneiro xa que e o mes dos gastos máis fortes.


LOTERÍA DE NADAL


Un dos principales ingresos do clube polo que precisamos da máxima colaboración de todos vos.

Cada xogador/a queda con 5 € por cada talonario vendido ata os 5 primeiros (25 €) o sexto talonario queda co beneficio completo (25 €) polo que vendendo 6 talonarios o xogador/a queda con 50 €.

Este importe descontarase directamente do pago do talonario.

O importe a vender é de 125 €, en cada un e deberedes darlle ao club 120 €. Cando vendades o sexto deberedes darlle ao club 100 € polo que desta forma quedades directamente co diñeiro da lotería que vendades.

É dicir:

Do 1º ao 5º talonario - 120 € para o clube - 5 € para o vendedor/a

No 6º talonario - 100 € para o clube - 25 € para o vendedor/a


PARTICIPACIÓN DOS PAIS


A actividade que se desenrola nun club coma o noso, e coa gran cantidade de nenos que forman os nosos equipos é moi grande. Se queres colaborar con nos sempre hai cousas que facer, delegado, asistir a reunións, marcar as pistas, colaborar coa cantina, axudar a levar aos compañeiros aos partidos... Se queres colaborar con nos avisanos para saber que podemos contar con vos.


NORMATIVA DE EQUIPOS COS PAIS E NAIS


Ao inicio da tempada os adestradores de cada equipo farán unha pequena reunión cos pais e nais dos xogadores do mesmo onde se fará a elección do delegado do equipo e fotógrafo.

Funcións do delegado do equipo:

  • Axudar ao adestrador en todo o que pida e precise (avituallamento, colocación de material, canastras...)
  • Ser o delegado de campo nos partidos coma local ou encargarse de buscar un.
  • Ver as necesidades que poida ter o equipo.

Funcións do fotógrafo:

  • Sacar fotografías e videos dos partidos para compartir nas RRSS

Serán os responsables do equipo e das súas necesidades.

Se no equipo non hai ningún voluntario para estas funcións tocaralle cada semana a un pai ou nai dos xogadores por orde alfabético. Se o pai/nai responsable non pode asistir a algún partido deberá exercer estas funcións calquera pai ou nai dispoñible.


CLUPIK


Noso clube ten un contrato con esta empresa polo cal temos a base de datos de todos os pais, nais e xogadores do mesmo a través da web www.cbomeco.com. Aquí cada persona ten un usuario propio co que conectarse é dicir, o pai dun xogador ten un perfil propio cun nome de usuario e un email, a súa nai outro perfil co seu propio alcume e email e o xogador outro diferente.

Nos perfiles dos titores vinculamos os datos cos dos seus fillos para que poidan acceder a súa información tal como temporadas nas que se inscribiu, equipos nos que xogou, cuotas pagadas, roupa mercada... todo queda almacenado e gardado nos perfiles dos titores e xogadores polo que cando creedes a vosa conta de usuario (os que son socios xa teñen unha creada) recordade que podedes acceder a toda a información de pagos, cuotas, inscripcións, etc.

Tamén facendo a inscripción podedes escoller o pago con tarxeta e ao validala cobraremos a través dela polo que recordade que é unha ferramenta pensada para axilizarnos a todos o traballo. Tamén poderedes consultar os horarios dos vosos equipos, subir fotos dos partidos e compartilas co resto de membros do equipo.

Directamente pola web www.cbomeco.com ou descargando a APP de clupik e introducindo o voso usuario e contraseña poderedes acceder aos horarios dos partidos, as cuotas pagas e pendentes, e tendo a aplicación instalada vos chegarán notificacións ao teléfono importantes.

COMUNICACIÓN COS PAIS/NAIS

  1. HORARIOS PARTIDOS: A través da web www.cbomeco.com. Todos os que teñades creado o voso perfil de usuario de clupik descargade a APP nos vosos teléfonos e chegaravos unha comunicación ao teléfono indicando os horarios dos partidos.
  2. NOTIFICACIÓNS: Dende a APP CLUPIK chegaravos diferentes informacións do clube, tamén vos chegarán ao email que facilitastedes na inscripción.
  3. WHATSAPP: Hai un grupo xeral de información do clube onde poñemos os enlaces a páxina do clube cos horarios, noticias e eventos interesantes onde deben estar TODOS os integrantes do clube. É un grupo únicamente informativo. Podedes engadirvos a través de este enlace https://chat.whatsapp.com/K4rPO6EGIVDK597pnOGhRN Cando se forman os equipos fanse grupos independentes dos propios equipos onde os pais e nais reciben a información dos adestradores dos seus fillos/as e poden comunicar incidencias, que van faltar ao partido, ao adestramento, etc. Recordade que é importante a comunicación e AVISAR CANDO NON SE PODE ASISTIR xa que sempre contamos con todos.

ACCIDENTES E SEGURO DEPORTIVO

Tendes toda a info do protocolo a seguir entrando na web Seguro Xogade e AXA - CB O Meco baloncesto O Grove



Seguro que hai mais cousas que se nos olvidan pero creo que esta introducción é suficiente para que sepades os principios básicos do clube, calquera dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto con nós no teléfono 636 383 163 ou falar directamente con calquera dos responsables indicados.


Grazas a todos por contar con vos esta tempada,



Alejandra Rodríguez

Presidenta do CB O Meco

O último
Inscripciones abiertas para el campamento y tecnificación de baloncesto 2024
hai un día
Reintegro lotería de Nadal
Alejandra Rodríguez.
hai 5 meses
3
Horarios 27-28-29 de octubre y 1 de noviembre
Alejandra Rodríguez.
hai 7 meses