Loading...
Inscricións
Campamento e tecnificación 2022

PREZOS (Inclúe camiseta únicamente na inscripción de mes enteiro)


Campamento de verán

O campamento organizado polo CB O Meco en colaboración co concello de O Grove está pensado para rapaces e rapazas nados dende o 2016 ata o 2011 inclusive para axudar a conciliación familiar e laboral durante os meses de xullo e agosto e fomentar o deporte en xeral e máis específicamente do baloncesto entre a mocidade.

Faranse diferentes actividades orientadas a mellora individual e colectiva, piragüismo, excursións, xogos varios, beisball, búsqueda do tesouro...

Datas: 1 de xullo ao 2 de setembro de 2022 (de luns a venres agás festivos)

Lugar: Instalaciones municipais do concello, Terra de Porto, O Grove e CEIP Rosalía de Castro

Participantes: Nenos/as nados dende o 2016 ata 2011 (ampliable a 2010 se hai grupo)

Horario: De 10:00 a 14:00

Horario ampliado: De 9:00 a 14:00 (Máximo para 10 participantes)

Total plazas dispoñibles: 35

Adestradores con anos de experiencia e xogadores do primeiro equipo


● Xogos de coordinación e cooperación

● Habilidades propias do basket

Multideporte, xogos, habilidades por equipos… faranse diferentes disciplinas deportivas. fútbol gaélico, fútbol, piragüismo, baseball, xogos tradicionais, rutas de senderismo...

● Exercicios combinados, torneos, 1x1, 2x2, 3x3…

● Programación variable en función das necesidades dos grupos

● Cando o tempo o permita faranse saídas a praia ou excursións aos parques municipais

● Búsqueda do tesouro, andainas e xogos alternativos


Xornadas de tecnificación

As xornadas de tecnificación están pensadas para continuar adestrando no verán, manterse en forma e a mellora individual do xogador. Serán adestramentos centrados na mellora técnica do xogador de cara a afrontar nas mellores condicións posibles a próxima tempada.

Datas: 4 de xullo ao 2 de setembro de 2021 (de luns a venres agás festivos) Os días de choiva recuperarase a clase pola tarde


BALONCESTO E TECNIFICACIÓN

● Un adestrador para 4 - 5 xogadores

● Habilidades propias do basket

● Mellora técnica individual

● Mellora na toma de decisións

● Mellora de fundamentos, bote, pase, tiro, defensa, finalizacións…

● Paso cero

● Conceptos do xogo

● Programación variable en función das necesidades dos grupos

Adestrador con titulo de entrenador superior de baloncesto con anos de experiencia e xogadores do primeiro equipo

Lugar: Instalaciones municipais do concello de O Grove e canchas exteriores

Participantes: Xogadores nados dende o 2011 ata 2005 incluidos.

Horario: 1 hora diaria de luns a venres

Total plazas dispoñibles: 40

HORARIOS: *Días de choiva

G1) 10:00 - 11:00 G1) 16:00 - 17:00

G2) 11:00 - 12:00 G2) 17:00 - 18:00

G3) 12:00 - 13:00 G3) 18:00 - 19:00

G4) 13:00 - 14:00 G4) 19:00 - 20:00


Preferencia de admisión no campamento e tecnificación:

1) Selección de 2 meses completos

2) SOCIOS CB O MECO Tempada 2021/2022

3) Irmáns de participantes

4) Elección de 1 mes completo

Inicio de rexistro: 2022-05-23T22:00:00.000Z
Peche de Rexistro: 2022-08-21T21:59:59.999Z

As miñas inscricións

Seleccione algún rexistro para continuar